Por certo, escribín para o blog da biblioteca esta breve impresión da nosa viaxe a Barcelona. Velaquí a tedes:
Ourense-Jaca-Barcelona
Ourense,
mañá luminosa, chega un autobús cheo de salcedenses. Dirección:
Jaca. Partimos. Viaxe fugaz: oitocentos quilómetros devorados entre
nervios, risos, conversas, cando chegamos, profe?, máis risos,
nervios renovados, cando chegamos, profe? A min pareceume un breve
suspiro.
Jaca:
primeira toma de
contacto, rueiro nocturno, respiramos Pirineos, agradable. A cidade
dorme, non nos importa: locais de moda, elas; locais con futbolín,
eles. Isto non fixo máis que comezar: navegamos polo Gállego
en modernas naos, escalamos cristas escarpadas desafiando todas as
leis da Física, patinamos sen técnica pero con gallardía sobre un
manto de xeo, sentimos a emoción de San Juan de la Peña. Cupido
lanza o seu dardo: primeiras parellas. Hotel: Morfeo agarda
por nós. Trala batalla, reconto de baixas: estamos todos pero Jaca
fixo estragos: o pé de Tamara, a gorxa de Iago, e a de
Ángela... A habitación do botiquín asemella o camarote
marxiano. Dá igual, estamos ledos.
Barcelona.
Unha burguesía dinámica
decide trasnsformar con rotundidade a faciana da cidade. Un concepto:
modernismo. Un home: Gaudí. Pero tamén Puig i Cadafalch, e
Montaner, e Jujol, e Cerdá... Un mecenas: Güell, pero tamén o
chocolateiro Amatller, os Lleó Morera... Un tempo: a cabalo entre o
XIX e o XX. Mozos, temos que devorar toda isto, non só da Picoña
vive o home! Comezamos o festín: Paseo de Gracia, a Mazá da
Discordia, discusión na Batlló: alegoría do entroido?, homenaxe a
Sant Jordi e ao seu inseparable dragón? Sen folgos chegamos á
Sagrada Familia: turistada sen paliativos, proletario bocata e fin do
roteiro matutino.
Brais
e o metro: hilarante viaxe
polas tripas da cidade condal. Todo controlado, guía Brais. Todo
controlado, insiste. Entramos, con aplomo e decisión, guía Brais.
Dereita, esquerda, dereita, esquerda, outra vez dereita..., por fin
asaltamos un vagón: a cachón, os corenta a un tempo. Terrible
experiencia. Paula
transportada en volandas, non toca o chan durante uns intres. Nunca
voara antes! Ataque de risa. Dirección equivocada!!! Máis risos.
Ricto de decepción nos beizos de Brais. Rimos sen parar. Brais
claudica, substitúe o plano TMB por unha amable señora que nos
deixa nas portas do Caixa Forum. Fin do traxecto. Aínda rimos.
Castelldefels.
Hotel en Castelldefels:
americanas. A Cupido comeza a amoreárselle o traballo. Os nosos
abandonan con decisión a lingua de Rosalía e comezan a soltarse sen
prexuízos nun inglés de altura. Grazas, Chus.
Máis
Barcelona: aínda quedaban
sensacións fortes. O caprichoso Parque Güel, as buliciosas Ramblas
( “as ramplas” dos nosos), o vello Barrio Gótico, a mediterránea
Barceloneta... Folga xeral. Rúas tomadas por grupos radicais,
fumareiras, cargas policiais, excitación na expedición. Afloran os
nosos “indignados”. Hugo.
Coma sempre, remate da xornada na estatua de Colón e, desta volta,
fin da viaxe e desta lembranza.
Cualificacións do exame de Historia de España:
4º A
Tamara: 5,5
Jessica: 4,75
Sandra C: 2,5
M. Ángel: 4
Matías: 5
Rodrigo: 4,25
Ángela: 5,25
Laura: 6,75
Adrián: 6,25
Santi: 4,75
Ángel: 6
Zaida: 8,75
Kevin: 0.25
Andrea: 5,5
Carlos: 6,75
Thais: 4,25
Luis: 4
Lucas: 0,75
Iago: 3,75
Antía: 5,5
Roberto: 4,75
Sandra R: 4
Yolanda: 6,75
J.Antonio: 4,25
Pablo: 7,25
4ºB
Michael: 5
Lara: 7
Carla: 5,5
Noelia: 6,75
Hugo: 8
Brais: 5
Dennis: 5
Alba: 8,5
Irene: 8,25
Almudena: 5,75
Luis Q: 5
Nuria: 6,25
Cynthia: 6,5
Lucía: 5
Nerea: 6
xavi votarémoste de menos!!
ResponderEliminare dícecho un indignado que non foi do mellorciño nas túas clases.
Pero eso sí che digo, non cambien. Chegáchenos a case todos o fondo, e por que pois: por implicado, por traballador, boa persoa, simoático, darlle unha ao que conocíamos como unha clase de sociais e amosarnos unha moito máis atractiva (sempre depende do tema que se de pero.. XD), por despista, atlético, cercano, cuns ideais propios,teatral nas túas clases, con medo as alturas, en fin, innumerables adxectivos que te poñen nun chanzo moi moi alto!
eperamoste ver un día deste por algures