Pazo de Pegullal

miércoles, 15 de febrero de 2012

CUESTIÓNS

Para preparar o control que faremos despois do Entroido, responde ás seguintes cuestións. Fai unha lectura reflexiva  dos apuntamentos. Non busques as respostas sen facer unha lectura comprensiva previa: "os atallos conducen a aprendizaxes moi deficientes"


Cuestións

1. Por que dicimos que o Imperio austrohúngaro e un estado multinacional?
2. Cal é a nación hexemónica no Imperio austrohúngaro?
3. Que nacións aspiran a súa independencia no Imperio austrohúngaro?
4. Consulta un mapa actual e indica que nacións que no século XIX formaban parte do Imperio austrohúngaro conseguiron a súa independencia e son hoxe estados-nación independentes?
5. Quen eran os tsares?
6. Que sistema político tiña Rusia a finais do século XIX? Houbo neste país revolución liberal burguesa no XIX?
7. Que terras ocuparon os rusos ao longo dos séculos XVII, XVIII e XIX. Localízaas nun mapa e indica cales son hoxe estados independentes.
8. Define conceptos: Época Vitoriana, Revolución Meiji; Guerra de Secesión; Napoleón III; Bismarck; II Reich; Alsacia e Lorena (localízaas nun mapa e explica a súa importancia histórica.
9. Explica as causas e as consecuencias da guerra franco-prusiana de 1870.
10. Por que se dicía que Turquía era o enfermo de Europa? Que nacións europeas conseguiron independizarse do Imperio turco ao longo do XIX e comezos do XX
11. Observa o mapa da formación dos Estados Unidos e explica cada unha das fases da ampliación: asocia cada número da lenda (seis en total) cos seguintes aspectos: unha cor/unhacronoloxía/que rexión inclúe/como se adquire
12. Unha das causas da guerra foron as disputas sobre a política económica a seguir polo goberno federal: proteccionismo fronte a liberalismo. ¿Por que os Estados do Norte eran proteccionistas e os do Sur librecambistas?
13. ¿Cal foi o precipitante da guerra? ¿E a razón de fondo?
14. ¿Cres que o abolicionismo do norte respondía a razóns humanitarias exclusivamente? Razoa a túa resposta
15. ELABORA UNHA FICHA BIOGRÁFICA DE ABRAHAM LINCOLN

Abraham Lincoln



No hay comentarios:

Publicar un comentario