Pazo de Pegullal

domingo, 8 de enero de 2012

A ANTÁRTIDA

  A ANTÁRTIDA

O continente da Antártida atópase situado no polo Sur, rodeado polos océanos Pacífico, Atlántico e Índico. Ten unha superficie de uns 14 millóns de quilómetros cadrados. Con 2600 m de altitude media, é o continente máis elevado da Terra. A espesa capa de xeo que o cobre alcanza os 3000 m nalgúns puntos.
A Antártida atópase totalmente illada do resto dos continentes e está despoboada. Os fortes ventos e as temperaturas baixísimas dificultan a supervivencia dos seres vivos: a vexetación é case inexistente e os únicos seres humanos que poboan estas terras son as misións científicas.
A periferia da Antártida está formada por glaciares (linguas de xeo) que cando entran en contacto co mar, escachan e aboian, xerando icebergs. Estes, desprazados polas correntes mariñas constitúen un perigo para a navegación.
Politicamente a Antártida non pertence a ningún país, pero a existencia de riquezas minerais e enerxéticas no subsolo ou nos fondos mariños próximos á costa provocan tensións entre os Estados da comunidade internacional. Por iso as organizacións ecoloxistas reclaman un estatuto de parque natural patrimonio da humanidade para toda a Antártida, que a preserve de calquera actividade económica que poida danar este medio natural case puro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario