Pazo de Pegullal

sábado, 14 de junio de 2014

PRIMEIRO B OPINA:

Sobre o conflito árabe-israelí estas son as vosas opinións:
  • Samuel comeza amosando a súa neutralidade para acto seguido defender o dereito á existencia do Estado de Israel sen que isto conleve a aniquilación da Palestina árabe: "deberían vivir xuntos... chegar a un acordo falado sen ter que recorrer ás armas..."
  • Para Carlos "aínda que os xudeus defenden ese territorio como algo propio por terlles pertencido ata a expulsión durante o Imperio Romano, é simplemente un tema económico... Os xudeus someteron e someten ao pobo palestino por intereses económicos.
  • Alba teno claro, "os xudeus teñen a razón" e conclúe que se os británicos, no canto de asentalos en Palestina, lles tiveran dado un pedaciño de Gran Bretaña, quizais non habería hoxe un problema de tan difícil solución. Orixinal punto de vista, que vos parece?
  • "Non é xusto que os xudeus, non satisfeitos coa metade de Palestina, vaian a por máis, teñen o mesmo comportamento ca os nazis con eles". Así opina Lucía. 
  • Óscar C considera que os árabes teñen a razón a aduce como xustificación que a ocupación trala Guerra dos Seis Días estivo xustificada no seu momento, como medida provisional, pero non o feito de que perdurara no tempo xa que "as diferenzas xa deberían estar rematadas"
  • Itziar: "está claro que os xudeus teñen dereito a ter un Estado propio" pero non a costa dos palestinos. Considera que a ONU creou un "pais ficticio para quitarse ese problema" de enriba. 
  • Silvia e Valeria defenden  a convivencia dos dous pobos en terras palestinas, pero Andrea e Óscar P defenden a causa árabe. Andrea pregúntase por que os xudeus non viven no seu país de procedencia, incluída Alemaña. E Óscar considera que a ocupación de Gaza e Cisxordania e o abuso exercido sobre os seus moradores quítanlle toda razón a Israel.
  • A derradeira opinión, de Sara Iris, fai fincapé na equivocada decisión tomada no seu momento polos británicos, agora ben unha vez que "as cousas están feitas, deixalas en paz e a convivir en paz". Paréceme este punto de vista, un bo colofón a este debate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario